A proposta de retirada do POL enfronta a goberno e oposición

    plenopol_100_100510.jpgPOBRA> O pleno debateu a proposta do BNG de solicitar á Xunta a retirada do POL. Non saíu adiante polos votos en contra do PP.

    {flowplayer}barbanza/plenopol.flv{/flowplayer}

    Os edís do BNG e do PSOE apoiaron a retirada do Plan por considerar excesivas as proteccións que establece, especialmente nas áreas de corredor ecolóxico e de mellora ambiental. Os dous grupos coinciden ademais en que a este plan debería ser posterior á aprobación das directrices de ordenación do terrorio, por ser unha norma de rango superior.

    Documento orientativo

    Pola contra, os populares votaron en contra da retirada do documento posto que apoiar esta solicitude sería para eles unha irresponsabilidade. Na actualidade, din, o POL é un documento orientativo, en fase de consulta que recolle unha visión global de toda Galicia pero que será consensuado paso a paso con cada concello, tendo en conta a súa realidade.

    Neste sentido, o voceiro do goberno municipal explicou que o equipo redactor do PXOM xunto co Director Xeral de Sostibilidade da Xunta analizou a compatibilidade do documento de ordenación municipal co plan autonómico.

    Adaptación

    Nas alegacións formuladas polo concello precisamente lle solicitaron que prevalezan os criterios utilizados para elaborar o PXOM na súa adaptación ó documento de ordenación do litoral. Unhas alegacións que non convencen á oposición e que unha vez máis motivaron o desencontro entre os distintos grupos.

    Redacción Barbanza