Negreira destaca a creación de infraestruturas e servizos na comarca

ppportodoson_100_100510.jpgPORTO DO SON> O presidente provincial do PPdeG, Carlos Negreira, realizou un balance positivo do primeiro ano de goberno de Núñez Feijoo na Xunta.

{flowplayer}barbanza/ppportodoson.flv{/flowplayer}

Nun acto celebrado en Porto do Son, o presidente provincial do PP fixo un repaso deste primeiro ano de Alberto Núñez Feijoo á fronte do Goberno da Xunta de Galicia. Así profundizou nas políticas levadas a cabo por este en diversos eidos.

Creación de emprego

Segundo Carlos Negreira unha das principais prioridades do seu partido pasa por afronta-la crise económica actual, e que mellor forma segundo el que xerar postos de traballo. Así referiuse á necesidade de fomenta-lo emprego xuvenil, calificando como clave a construción dos polígonos industriais e, concretamente, nesta zona impulsa-lo parque empresarial de Lousame, desbloquear o de Mazaricos e promociona-lo ‘macropolígono’ da Pobra e Ribeira.

Infraestruturas e servizos

Seguindo coas infraestruturas Negreira valorou especialmente o gran esforzo da Xunta na mellora do trazado da estrda AC–550, especialmente nos tramos Muros – Noia e Outes – Noia , onde se investiron 1’9 millóns de euros, entre outras actuacións.

O presidente provincial destacou tamén os máis de 27 millóns de euros que a Consellería do Mar destinou neste tempo á comarca, con partidas como a prolongación do contradique de Portosín a nova dársena de Cabo de Cruz ou a nova lonxa de Ribeira.

Tamén destacou as partidas destinadas nesta zona a saneamento, poñendo como exemplos os colectores xerais e a EDAR en Muros, Esteiro, Porto do Son, Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Carlos Negreira falou tamén en Porto do Son da Lei de Dependencia valorando positivamente o esforzo que fixo a Xunta neste primeiro ano de xestión, no que se pasou de 14.000 dependentes que cobran as súas axudas ós 28.000.

Redacción Barbanza