A AF7 preséntase ante patrocinadores e institucións

af7250_110510.jpgVILAGARCÍA> Foi en Vilagarcía, no hotel A Plaza, onde se deron cita numerosos persoeiros e autoridades poíticas que apoian esta decimoquinta edición do torneo, unha das mellores da historia pola calidade dos equipos que participan.

{flowplayer}images/salnes/AF7_110510.flv{/flowplayer} 

Despois da presentación oficial do pasado xoves en Madrid, onte tocou facelo na casa, en Vilagarcía, e ante as persoas e dirixentes que fan posible a organización da Arousa Futbol 7.

No acto, presentado pola xornalista Mónica Martínez, estiveron a alcaldesa Dolores García, o presidente da Federación Galega de Futbol, Carlos Meana, o vicepresidente da Deputación José Juan Durán, o presidente do Autoridade Portuaria, Javier Puertas, e o dirixente de Frinsa, Ramiro Carregal. Todos quixeron estar ó carón de Manuel Diz, que lles agradeceu o seu apoio para sacar adiante este torneo dirixido á formación deportiva dos rapaces. 

O venres arrancará a Arousa Futbol 7, con 20 equipos, e neste ano volvéronse dar pasos cara adiante. Por primeira vez actuará un conxunto asiáitco, será o Omiya Ardija xaponés, e debutará o Liverpool inglés. O cartel é difícilmente superable.

Iso sí, dende a organización temen que a nube de cinza volcánica impida trasladarse ata Vilagarcía a algún conxunto foráneo. Agardan que a evolución sexa favorable e que a competición poida desenvolverse con normalidade.

Redacción Salnés