Louzán ratifica o apoio da Deputación ó Extrugasa

extrugasa250_110510.jpgPONTEVEDRA> O Presidente da Deputación, Rafael Louzán, felicitou hoxe ás xogadoras e á directiva do Extrugasa polo seu recente ascenso á primeira categoría nacional. Na recepción celebrada hoxe no Pazo Provincial, Rafael Louzán reiterou o compromiso da institución co club.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_110510.flv{/flowplayer} 

Por segundo día consecutivo o Presidente da Deputación recibíu á directiva do Extrugasa, pero hoxe acompañados polo plantel e corpo técnico. Rafael Louzán felicitou personalmente a cada unha das xogadoras polo ascenso á Liga Femenina acadado o sábado e fíxo entrega dunha placa conmemorativa por este logro.

Pero conforme vaise apagando a euforia do éxito comézase a pensar no vindeiro ano. O club precisa do apoio de institucións e empresas para poder acometer o proxecto deportivo da vindeira temporada. Senón hai unha seguridade económica detrás, o Extrugasa podería renunciar á praza. 

O Presidente Provincial ratificou o compromiso da Deputación co club vilagarcián e prometeu facer un esforzo por axudar ó Extrugasa neste época de crise. 

Co compromiso da Deputación, agora queda por diante moito traballo, moitas portas as que chamar para financiar a temporada que ven, que se presenta difícil.

Redacción Salnés