Cores Tourís, satisfeito co balance do primeiro ano de goberno

    balance_touris_copia100.jpgPONTEVEDRA> O Delegado Territorial da Xunta destacou o aforro do novo modelo territorial, que se traduciu nunha estrutura máis eficaz para o cidadán. Cores Tourís destacou a redución de gastos en preto de 1.800.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/BALANCE_TOURIS.flv{/flowplayer}

    O delegado territorial explicou que a Xunta de Galicia, a través da súa figura ten unha única visión sobre o territorio no que actúa, tanto das súas necesidades como das súas demandas, o que facilita a coordinación entre institucións e a proximidade cos cidadáns. Neste sentido, Cores Tourís, destacou a súa intensa axenda, que neste primeiro ano desenrolou máis de medio millar de visitas, así como 300 entrevistas de diversa índole.

    Entre os seus encontros, sitúanse as conferencias informativas realizadas nos concellos da área de influencia do Hospital Único

    En canto ó aforro, o responsable territorial sinalou que coa nova estrutura se reduciron os gastos en case un millón oitocentos mil euros. Afirmou que isto se conseguiu a través da redución no consumo enerxético, no gasto de auga e dos vehículos oficiais.

    Cores Tourís destacou o traballo que se está a desenrolar para a posta en marcha dunha gardería no edificio territorial, unha cafetería, e a próxima apertura da sala de exposicións.

    O responsable territorial destacou que en marzo deste ano, a Delegación da Xunta en Pontevedra, impulsou o pago dos seus atrasos a máis de 2.300 dependentes a través dunha inxección económica adicional de algo máis de 14 millóns de euros.

    Redacción Salnés