Dores Torrado: ‘A Xunta discrimina ó galego’

    bngbarbanzagalego_100_140510.jpgBARBANZA> O BNG presentará na totalidade dos concellos da comarca unha moción de apoio á manifestación prevista para o vindeiro luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, en defensa do galego.

    {flowplayer}barbanza/bngbarbanzagalego.flv{/flowplayer}

    Segundo a responsable comarcal do BNG, Dores Torrado, nunca ata o de agora, nos 30 anos de vixencia do Estatuto de Autonomía de Galicia, un goberno da Xunta se atrevera a aplicar unha política lingüística tan agresiva contra o galego, chegando mesmo á vulneración da legalidade vixente e á anulación dos dereitos democráticos no ámbito lingüístico. Segundo ela estamos a ver como un goberno lexisla e dita normativas, como é o caso do Decreto do Galego co único obxectivo de reducir aínda máis a presenza do noso idioma nos ámbitos máis diversos, como é o caso por exemplo do Ensino ou Administración.

    Por todo iso, presentarán unha moción tipo nos concellos do Barbanza a través da cal solicitan entre outros aspectos que as corporación municipais manifesten o seu rexeitamento ás bases para o decreto de plurisgüismo promovidas pola concellería de Educación e se adhiran ó texto da iniciativa popular pola garantía dos rereitos lingüísticos promovida pola plataforma ‘Queremos Galego’.

    Apoio á manifestación

    Ademais, o BNG comarcal convida a todolos veciños do Barbanza a acudir a manifestación convocada pola plataforma ‘Queremos Galego’ en Santiago o vindeiro luns. Aqueles interesados en asistir, informarlle que haberá un autobús gratuíto que saíra as dez da mañá da estación de autobuses de Ribeira e realizará paradas na Pobra, Boiro e Rianxo.

    Redacción Barbanza