Catoira inaugura a súa nova EDAR biolóxica

edar_100.jpgCATOIRA> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, inaugurou este sábado a nova Estación Depuradora de Augas

{flowplayer}images/salnes/1705_inauguracion_depuradora_catoira.flv{/flowplayer}

 … Residuais de Catoira. Xunto con este representante do ente autonómico estiveron a presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez, o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Evaristo Juncal, o vicepresidente da Deputación, José Juán Durán, e o alcalde da vila, Alberto García, entre outros. Esta obra, que leva xa dous meses en funcionamento, foi executada pola empresa Espina & Delfín cun orzamento de 1.391.047,77 euros.

Esta EDAR é unha depuradora biolóxica de lodos activados que funciona mediante un sistema de aireación prolongada con eliminación biolóxica de nitróxeno e fósforo, estabilización e deshidratación de lodos por filtro banda; o que na práctica vai a supoñer a depuración das augas de preto de cinco mil veciños sen emitir os antigos cheiros que emitían este tipo de edares. Esta nova instalación permitirá realizar ás augas residuais un tratamento primario e terciario de desinfección con raios ultravioleta para reducila carga microbiolóxica. Esta EDAR,que conta cunha liña de lodos para o seu bombeo en exceso e a súa deshidratación, virá a substituír a anterior que fora inaugurada fai uns 20 anos, sendo a primeira destas características na Ría de Arousa. O saneamento catoirense virá a completarse con outras actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra e da mesma Xunta de Galicia.

Todas estas actuacións virán a contribuír ó saneamento integral da Ría de Arousa, que forma parte dun proxecto máis ambicioso que está sendo levado a cabo polo goberno galego.

Redacción Salnés