Puentes y Calzadas executará a variante noiesa

variantenoia_100_170510.jpgNOIA> A consellería de Medio Ambiente adxudicou esta actuación por un importe de preto dos 33 millóns de euros.

{flowplayer}barbanza/adxudicacionvariantenoia.flv{/flowplayer}

Coa adxudicación da obra, que será realizada pola construtora Puentes y Calzadas, a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas remata un proceso longo, que mesmo dividiu á sociedade noiesa, debido a cal das alternativas formuladas ía ser a menos lesiva para os intereses dos propios veciños de noia e comarca. A contratación das obras adiántase ademais uns meses en relación á estimación inicial, que estaba previsto se realizara no verán, debido fundamentalmente ó compromiso do actual Goberno Autonómico con esta actuación.

Antes do verán

O obxectivo pasa fundamentalmente porque o inicio das obras se leve a cabo ó remata-la época estival. O prazo de execución é de tres anos, aínda que fontes da propia consellería de Medio Ambiente confían en que se poidan recurtar ó final algúns meses.

A actuación procura unir as dúas marxes da ría de Noia e estas con Santiago, Porto do Son e Muros, evitando o paso dos tráficos de tránsito polo casco urbano noiés, que deste xeito verase sensiblemente desconxestionado. Segundo os propios estudos da Xunta, unha vez rematada, a variante de Noia canalizará preto de tres mil vehículos diarios que escollerán esta vía para realizar os seus desprazamentos, o que implica unha redución do volume de tráfico de máis dun millón de vehículos ao ano.

O trazado desta actuación, a coñecida como alternativa 2 da variante, retomada pola actual Xunta poucas semanas despois de tomar posesión, evitará o núcleo de Eiroa e conectará co corredor Brión-Noia pola marxe esquerda da ponte de Ceilán coñecido tamén como viaduto do río Tambre.

Con esta actuación a Xunta pretende que as comunicacións entre Noia e Santiago se reduzan ata os 22 minutos, o que supón unha mellora no tempo de percorrido dun 37% fronte ós 35 minutos que agora son necesarios. Con ela optimizaranse ademais as conexións das dúas marxes da ría.

Tanto a variante de Noia como os novos viais de conexión con Santiago e Muros transformarán o mapa viario noiés e a súa comarca, beneficiando dun xeito especial ós máis de 40.000 habitantes de Noia, Outes, Muros e Porto do Son.

Redacción Barbanza