A colaboración incrementa a eficacia policial en Sanxenxo

    catalinaglez_delfinfdez100.jpgSANXENXO> A colaboración entre as forzas de seguridade está a facer de Sanxenxo un concello seguro. Esta foi a conclusión á que se chegou hoxe …

    {flowplayer}images/salnes/seguridade_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A colaboración entre as forzas de seguridade está a facer de Sanxenxo un concello seguro. Esta foi a conclusión á que se chegou hoxe na Xunta Local de Seguridade co presidida pola alcaldesa e polo subdelegado do goberno en Pontevedra. Segundo indicaron, desde 2005 a eficacia policial foi crecendo, pechándose o 2009 cun 69 por cento de delitos esclarecidos.

    En canto á evolución da criminalidade, tómanse dúas porcentaxes. Si se ten en conta os habitantes habituais, uns 17.300, a taxa de criminalidade é do 49,32 por mil con delitos de tráfico e do 46, 49 por cento sen ese tipo de delitos. Moi por riba da media provincial e nacional. Pero neste balance tense en conta tamén que Sanxenxo chega ós cen mil habitantes en xullo e agosto e que nas fins de semana acada os 30.000. O que rebaixa considerablemente a taxa de delitos. No balance destaca como un dos problemas habituais o roubo con forza en vivendas desocupadas.

    Na xunta de hoxe falouse tamén de violencia de xénero. O pasado ano presentáronse 17 denuncias, que afectaron a 13 vítimas, o que quere dicir que algunha presentou máis de unha. Destas 13, tres tiñan entre 18 e 24 anos. En canto ós autores, foron 12, con idades entre os 25 e os 34 anos. Dez son españois, un latinoamericano e outro magrebí. E todos tiñan ou tiveran algunha relación matrimonial ou sentimental coa vítima. No que vai de ano, hai dúas denuncias presentadas, e 17 casos activos con orde de protección. Desde hoxe, a Policía Local de Sanxenxo ten acceso telemático á base de datos destes casos.

    En canto á seguridade viaria, en Sanxenxo reduciuse o número de accidentes, o número de feridos, e tamén os casos de detracción de puntos.

    Redacción Salnés