Javier Puertas reclama a Tomás Fole e Marta Rodríguez, xogo limpio

    puertas_sede_copia100.jpgVILAGARCÍA> O presidente da Autoridade Portuaria acusa a Tomás Fole de usar a sede para facer campaña. Puertas recordou que os estatutos impiden a utilización do material para as actividades das candidaturas.

     

    {flowplayer}images/salnes/JAVIER_PUERTAS.flv{/flowplayer}

    En concreto Puertas denunciou que a candidatura de Fole está a utilizar a sede do partido para actos propios, os ordenadores para xestionar o perfil do Facebook e os teléfonos para, entre outras cousas, organizar a cea de apoio a Fole da semana pasada no Villa Aurora. O presidente da Autoridade Portuaria asegurou que existen probas contundentes que o poden demostrar. Deste xeito, solicita á presidenta da Comisión Organizadora do Congreso, Marta Rodríguez, que vele polo cumprimento da normativa do partido e tome medidas urxentes.

     Puertas agradeceu á deputada ás súas xestións para que puideran utilizar a sede do partido.

    O candidato a presidir ós populares vilagarciáns tamén denunciou que Tomás Fole está a facer campaña cando se está en precampaña. Sinalou que horas antes Fole tiña un acto con mulleres na sede e estaban colocadas as pancartas da súa campaña.

    Sen embargo, o que máis lle preocupa a Javier Puertas é o clima de violencia verbal que se está levando a cabo en Facebook. Puertas afirmou que se lle está a faltar ó respecto a el e ós membros do seu equipo. Instou á Marta Arias a que intervenga para rematar cos insultos.

    Outra das peticións que realizou o presidente da Autoridade Portuaria é que no Congreso do 12 de xuño, a presidencia actual presente os informes de xestión política e económica.

    Redacción Salnés