Lamentable tangana na Lomba que empaña o final de temporada

arousa250_240510.jpgVILAGARCÍA> Monumental tangana ó término do Arousa-Choco. O gol de Camiño na prolongación deixou sen opcións de ascenso ós de Redondela e iso desencadenou a pelexa.

{flowplayer}images/salnes/arousa_240510.flv{/flowplayer} 

A temporada rematou do peor xeito posible, coa tangana máis espectacular do ano. O motivo está claro: o Arousa non se xogaba nada e o Choco dependía del mesmo para ascender a Terceira. Mentres eles non eran quen de vencer, o Estradense sí que sacaba os puntos de Hío, e gañaba ó Cruceiro (2-3), resultado que lles deixaba fóra dos dous primeiros postos por primeira vez en moito tempo.

Os de Julio Álvarez atopáronse cun Arousa que foi mellor durante os 90 minutos e por iso acusáronlles de xogar comprados. O gol de Camiño puxo xustiza no marcador (1-0) no minuto 92′. Pero a celebración dos locais foi quizáis desmedida e iso encendeu ós xogadores do Choco.

As cousas comezaban a quentarse nos graderíos e o desencadenante sobre o céspede foi unha patada de Jonathan sobre Juanito. Cartón vermello e trifulca montada.

O colexiado quixo rematar canto antes partido. Tralo pitido final voltaron os enfrontamentos. Os xogadores do Arousa non quixeron entrar na batalla e gran maioría desfilou cara os vestiarios. Sobre o céspede quedaron os do Choco pelexados desta volta coa afección local, que tampouco soubo calmar os ánimos.

A efectos materiais, Kennedy, dianteiro do conxunto redondelano, reventou dunha patada o cristal da porta do vestiario.

O espectáculo foi lamentable. O xusto é reparti-la culpablidade entre ambos. Dous non loitan se un non quere. Agardemos que sexa a derradeira ocasión na que se ven imaxes coma estas sobre un terreo de xogo.

Redacción Salnés