Os veciños de Oubiña denuncian un novo vertido no río Pequeno

    vertido_rio_pequeno100.jpgCAMBADOS> Unha vez máis os veciños da parroquia cambadesa de Oubiña, denuncian un vertido tóxico no Río Pequeno.

    {flowplayer}images/salnes/vertido_rio_pequeno.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Non é a primeira vez que os veciños da parroquia de Oubiña, denuncian vertidos tóxicos no Río Pequeno.

    As chuvias de onte levaron a meirande parte dos peixes e demais fauna do río que onte, sobre as doce da noite, aparecían mortos no lavadoiro do Campo da Vila, en Oubiña. Foi entonces cando unha veciña que se achegou alí a lavar, dou a voz de alarma.

    A Garda Civil acudiu ao lugar e verificou os estragos do suposto vertido, un montón de peixes de varias especies ficaban no fondo do lavadoiro, pero tan só puideron comprobalo, pois o caso, é competencia de Seprona.

    Os veciños sospeita, unha vez máis, que os vertidos proceden dun dos dous polígonos próximos ao Río Pequeno.

    Redacción Salnés