O Extrugasa comeza a súa campaña de captación de socios

extrugasa250_270510.jpgVILAGARCÍA> A directiva da Asociación Depotiva Cortegada, do Extrugasa, presentou hoxe o que será o seu plan de captacións de socios para a vindeira temporada. O club contará co apoio do Concello e dos hostaleiros vilagarcián para chegar o seu obxectivo: os 600 abonados.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_270510.flv{/flowplayer} 

Hai menos de tres semanas que o Extrugasa acadaba o seu ascenso á Liga Femenina. Dende aquela a directiva do club vilagarcián tivo moi claro que para que o equipo compita na máxima categoría do baloncesto nacional, é imprescindible atar un presuposto que outorgue viabilidade económica. Por iso están a dar os primeiros pasos, para acadar os apoios necesarios. Concello e hostaleiros vilagarciáns xa deron un paso ó frente. Estarán co club para todo o que necesite, axudando fundamentalmente á captación de socios. 

Para José Antonio Gorgoso é fundamental o apoio da masa social para logo captar a institucións e empresas. Por iso na rolda de prensa de hoxe botou en falta a pesencia de representantes de Zona Aberta.

Con todo, deron a coñecer os que serán os prezos para abonarse, que rondarán entre os 60 e os 150 euros, dependendo do tipo de carnet, xa sexa individual ou familiar. Os menores de 25 anos e os xubilados pagarán 30 euros.

No tocante ó aspecto deportivo, todo semella supeditado ó económico. O orzamento será austero e iso condicionará a confección do plantel. Nomes como Ylenia, Quaye, Souza ou Gilabert poderían quedarse no Extrugasa. Tan só se adicarían a reforzar o conxunto. 

O que parece seguro é que Tito Díaz continuará no banquiño. A vindeira semana a directiva sentarase co lucense para negociar a súa renovación.

Redacción Salnés