A Lomba acolle o I Torneo Porto de Vilagarcía de futbol base

futbol250_280510.jpgVILAGARCÍA> O Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Javier Puertas, e o cordinador da base do Arousa, Carlos Coira, presentaron o primeiro torneo Porto de Vilagarcía. Trátase dun campionato de futbol prebenxamín que se disputará esta fin de semana na capital arousá.

{flowplayer}images/salnes/futbolbase_270510.flv{/flowplayer} 

A Lomba volverá a ser tomada polos rapaces esta fin de semana. Tan só quince días despois da disputa do Arousa Futbol 7, desta volta celébrase o I Torneo Porto de Vilagarcía, que reunirá o sábado e o domingo a 16 clubes en categoría prebenxamín.

O formato do torneo busca a participación de tódolos rapaces e a deportividade por enriba do competitivo. Por iso haberá catro grupos, con catro equipos, dos cales os dous primeiros clasficados clasificaranse para a fase final e o terceiro e o cuarto para a de consolación, polo que tódolos nenos xogarán o mesmo número de partidos.

Entre os participantes, varios equipos do Salnés como o Arousa, Portonovo ou Céltiga. Tamén estará representado o Barbanza co Cabo de Cruz e chegarán tres conxuntos dende a comarca de Santiago, como o Amio, o Conxo e o Ames.

Redacción Salnés