Oubiña di que a exclusión de FECA foi unha decisión democrática

    convenio_copia100.jpgVILAGARCÍA> Unha decisión democrática. Así explicou, esta mañá, o presidente da Cámara de Comercio os motivos polos que a FECA

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_CAMARA_PORTO.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Unha decisión democrática. Así explicou, esta mañá, o presidente da Cámara de Comercio os motivos polos que a FECA se quedou sen representante na institución.

    Carlos Oubiña mostrouse molesto polas declaracións de Jose Luis Vilanova nas que criticaba duramente á expulsión da FECA da Cámara de Comercio. O presidente explicou que a Confederación de empresarios de Galicia nomea 4 candidatos dos que hai que elixir tres. Afirmou que foi unha decisión democrática e por unanimidade, e que parece mal que dubiden das leis da Cámara.

    O presidente da Cámara de Comercio fixo estas declaracións tras firmar un convenio marco de colaboración coa Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Neste acordo se recollen dous misións comerciais. Por unha banda, turoperadores xaponeses van visitar as instalacións do porto e de Vilagarcía para coñecer os puntos de interese. Por outro lado, oito empresas da zona, viaxarán a Noruega para coñecer as posibilidades de exportación e importación.

    Dende a Autoridade Portuaria, Javier Puertas definiu este convenio como moi positivo para o porto, Vilagarcía e a Comarca. Mostrou a súa esperanza de que este acordo sexa a perpetuidade xa que vai xerar moitos beneficios á Ría de Arousa. Carlos Oubiña manifestoulle a Javier Puertas o seu interese de propolo como vocal cooperador no pleno da Cámara de Comercio.

    Redacción Salnés