Unha celebración para homenaxear ós viticultores de tinto

    tinto_copia100.jpgBARRANTES> Esta mañá, presentouse na Adega de Jaime Cancelo a 38 edición da Festa do Viño Tinto do Salnés que conta cunha programación de calidade á altura dos viños de Barrantes.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_TINTO.flv{/flowplayer}

    Barrantes comeza a engalanarse para recibir a 38 edición da Festa do Viño Tinto que se presentou esta mañá, coa participación de Salomé Peña, o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís. A alcaldesa de Ribadumia asegurou que esta celebración é un motivo especial para homenaxear ó viño tinto de Barrantes e ós viticultores, que fan que cada ano a festa vaia a máis.

    Este ano, a celebración estrea a Honorable Orde do Viño tinto que fan un recoñecemento ó traballo feito polos viticultores.

    Segundo a rexedora, a festa vai contar cunha programación cultural, lúdica e festiva excepcional. Así destaca o concerto de Jarabe de Palo o venres día 4 ás 12 da noite na Carballeira de Barrantes.

    O sábado, celebrarase as derradeiras catas de viños, coa presentación de máis de 300 caldos.

    As orquestras Panorama e París de Noia completan o cartel de actuacións na festa, onde tamén haberá actividades para os máis pequenos.

    Redacción Salnés