A Escola Infantil inicia a súa Semana da Arte

    uxio_lopez100.jpgVILAGARCÍA> A Sala Antón Rivas Briones encheuse esta mañá de cativos da Escola Infantil Municipal. Visitaban a exposición do pintor Uxío López.

    {flowplayer}images/salnes/uxio_lopez.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Cativos e cativas de dous a tres anos da Escola Infantil Municipal rodeáronse de arte esta mañá na súa visita á exposición de Uxío López na Sala Rivas Briones.

    Os cadros do artista foron admirados polos alumnos da Escola Infantil Municipal, unha actividade máis, dentro da Semana da Arte, que celebra o centro. Empaparse de arte dende ben pequenos é algo máxico para eles e satisfactorio para Uxío López, que nunca tivo un público tan mozo. Barullo Branco é o título da exposición.

    O obxectivo da visita de hoxe é que os cativos saiban comportarse nunha galería de arte, valorando as pezas da exposición. Pero esta, non é a única actividade prevista na Semana da Arte. Mañá será o artista quen visite a gardería.

    A partir do venres, serán mamás e papás quen poidan admirar as obras feitas polos alumnos da gardería durante esta semana.. E a partir do luns, na escola comezará a Semana da Música, coa colaboración da Banda Municipal de Vilagarcía.

    Redacción Salnés