A Festa da Bicicleta reúne a 1.000 persoas en Vilanova

bicicleta250_310510.jpgVILANOVA> O pobo botouse á rúa para participar nun evento que foi coorganizado polo Concello, Deputación e a Asociación de Comerciantes Vilanova Centro.

{flowplayer}images/salnes/BicicletaVilanova_310510.flv{/flowplayer} 

Centos de veciños de Vilanova botáronse á rúa onte á tarde para formar parte da Festa da Bicicleta que organizou a concellería de Deportes xunto coa Deputación de Pontevedra e Vilanova Centro.

O obxectivo da xuntanza era incentivar a práctica deportiva tanto entre os pequenos como nos maiores.

O punto de partida foi o Xardín Umbrío, ás 17:30. Dende alí o pelotón fixo un percorrido polo Terrón, Pantrigueira, Caleiro, para continuar polo casco urbano por González Besada, Faro das Lúas, As Sinas, o Cabo ata regrasar ó punto de partida.

Ademais, os participantes puideron entrar en diferentes sorteos levados a cabo pola organización. 

Efectivos de Protección Civil e da Policía Local de Vilanova acompañaron ós cilicistas durante todo o percorrido para garantir a súa seguridade.

Redacción Salnés