Os candidatos á presidir o PP non poden debater nos medios

    marta_arias_copia100.jpgVILAGARCÍA> A principal razón desta negativa, é que se trata dunha elección interna. Así o deron a coñecer, esta tarde, a presidenta do Comité Organizador do congreso e a secretaria xeral do PP provincial.

    {flowplayer}images/salnes/MARTA_POR_CONGRESO.flv{/flowplayer}

    É unha campaña electoral interna. Esta é a principal razón que recollen os estatutos dos populares para prohibir a realización dun cara a cara entre os candidatos a presidir o PP, tanto a nivel local como provincial, autonómico e estatal. Marta Rodríguez Arias sinalou que non se ten ningún antecedente de debates nos medios de comunicación. Manifestou que mañá, xunto co Begoña Estévez, secretaria do PP provincial, reunirase cos candidatos para darlles a coñecer o regulamento marco.

     Rodríguez e Estévez reiterarán mañá as normas para que as queixas dos candidatos ou dos afiliados se realicen sempre a través do Comité Organizador, así como explicar as actividades que se van levar a cabo no Congreso e os trámites para a recollida de avais.

    Dende a directiva provincial, velan porque estas eleccións internas cumpran as normas estipuladas no regulamento marco de 2008. Begoña Estévez afirmou que o congreso de Vilagarcía vai supoñer un referente para as demais localidades.

    A secretaria xeral do PP provincial sinalou que se están a levar a cabo moitas reunións co Comité Organizador para asesorar e ceder os medios técnicos necesarios.

    Redacción Salnés