Cascallar entra na candidatura de Puertas e promete traballar con ilusión

    cascallar_copia100.jpgVILAGARCÍA> Javier Puertas presentou esta mañá, unha nova fichaxe para a súa candidatura á presidencia do PP local, Amado Cascallar. O comerciante firma que foi unha decisión complicada.

    {flowplayer}images/salnes/CANDIDATURA_PUERTAS.flv{/flowplayer}

    Despois de tres semana de conversacións, Amado Cascallar decidiu incorporarse ás filas da candidatura de Javier Puertas. Cascallar asegurou esta mañá nun encontro cos medios, que a decisión foi moi complicada porque supón moita responsabilidade. Sinalou que preferiu arriscarse e por o seu granito de area a non facelo e despois arrepentirse.

    O comerciante afirmou que entra no equipo con moita ilusión e con ganas de traballar por un PP participativo, sen personalismos e convertelo nun referente na comarca. Deste xeito, queren dar máis cabida ás opinións dos simpatizantes e militantes.

    En canto á súa participación nas listas para as eleccións municipais, Cascallar sinalou que o partido decidirá o seu futuro pero que está disposto a facer calquera tipo de sacrificio.

    A candidatura de Puertas quere realizar un par de veces á semana un encontro cos medios, nos que se presente ós membros do equipo e se debatan todo tipo de cuestións.

    Redacción Salnés