Peña:’queremos recuperar as ribeiras para gozar da natureza’

    ribeira_umia_copia100.jpgBARRANTES> A alcaldesa de Ribadumia visitou esta mañá, as obras de acondicionamento do paseo fluvial na ribeira do Umia. Tamén se vai protexer as especies vexetais que se atopan na ribeira do Umia.

    {flowplayer}images/salnes/PASEO_UMIA.flv{/flowplayer}

    As obras estanse a levar a cabo na marxe esquerda do ría Umia, entre a ponte de Barrantes a de Cabanelas. Son preto de 1,7 kilómetros de lonxitude onde se está procedendo a desbrozar a vexetación e a súa posterior limpeza. Segundo a alcaldesa de Ribadumia, o que se pretende é recuperar as marxes do río e aproveitou para concienciar ós veciños dos vertidos que se están a atopar.

    Salomé Peña sinalou que este proxecto se encadra dentro do compromiso do Concello para recuperar as ribeiras dos ríos e que os cidadáns poidan gozar da natureza e do entorno.

    A rexedora afirmou que o paseo vai enlazar coa ruta da Pedra da Auga e a súa integración no núcleo de Barrantes. Con esta obra tamén se pretende manter e protexer as especies vexetais que se atopan na ribeira do Umia.

    As obras estanse realizando a través do Obradoiro de Emprego e participan preto de 21 persoas. Espérase que en setembro se finalice o acondicionamento.

    Redacción Salnés