Os traballadores de Correos inicia esta noite unha folga de 24 horas

    folga_correos100.jpgPONTEVEDRA> A partir desta media noite e durante 24 horas, Correos estará en folga en toda España. Un total de cinco sindicatos están detrás desta convocatoria.

    {flowplayer}images/salnes/folga_correos.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A partir desta media noite e durante 24 horas, Correos estará en folga en toda España. Un total de cinco sindicatos están detrás desta convocatoria.

    Segundo advirten, os recortes que está a sufrir o servizo estanse notando na provincia de Pontevedra cunha supresión global de máis de 25 portos de traballo fixos e dun 300 postos eventuais. Amais, indican que a reposición de efectivos é practicamente inexistente, polo que falan incluso de supresión do emprego fixo. Situación que está a provocar un reparto irregular e a falla de atención ó cidadá nas oficinas por falta de persoal.

    Os sindicatos consideran que o anteproxecto de lei Postal aprobado en maio no Consello de Ministros trata de enmascarar unha reconversión encuberta de Correos, con redución do servizo público e perda de emprego. Advirten que con esta lei Correos deixará de ter o monopolio, e polo tanto o Estado retirará o seu financiamento, sen darlle unha alternativa ante a entrada de operadores privados. Isto suporá, segundo os sindicatos, que o usuario terá que pagar dúas veces o servizo, vía IRPF e vía taxa, cun incremento do 2% en selos.

    Os sindicatos continuarán coas mobilizacións. Esixen a ampliación do servizo postal universal e que Correos o siga prestando nos vindeiros 15 anos. Reclaman o financiamento íntegro por parte do Estado e que os operadores privados que accedan ó servizo invistan nas súas propias infraestruturas. En Pontevedra, mañá haberá unha concentración ás doce da mañá na oficina principal de Correos, na rúa Oliva.

    Redacción Salnés