Meira vence en Ares e colócase como primeiro líder

regatas250_140610.jpgSALNÉS> A Liga comezou onte en Ares. A primeira bandeira foise para Moaña coa victoria de Samertolameu de Meira. En canto ás embarcacións do Salnés, Amegrove foi a mellor, rematou cuarta, xusto por diante de Cabo de Cruz, Vilaxoán e Mecos.

{flowplayer}images/salnes/regatas_140610.flv{/flowplayer} 

A III Bandeira Concello de Ares foi para Meira. Unha das grandes favoritas para levarse o título nesta liga galega de traíñas, non decepcionou e amosou todo o seu potencial na primeira oportunidade que se lle presentou.

A regata de onte estivo marcada por dous factores. O primeiro, o sorteo das quendas que deixou a Mecos, Cabo de Cruz e Amegrove xunto a rivais máis débiles, e por outra banda a Meira, Náutico, Chapela e Vilaxoán, xuntos, na máis forte de todas. Iso, mailas correntes que foron máis notables nas primeiras tandas, condicionaron a regata e o rendemento das embarcacións grovenses, principalmente a de Mecos. Os de Beni Fábregas fixeron unha auténtica crono ante Ares e Esteirana. Gañaron despois de ir en solitario toda a carreira pero o seu tempo só lle servíu para ser séptima.

Mesmo guión o que se repetíu no turno de Cabo de Cruz e Amegrove. Os de Boiro remataron quintos mentres que os amarelos aupáronse ó cuarto posto da xeral, porque os tres primeiros estiveron destinados para os participantes da cuarta tanda. A competitividade existente foi positiva para todos eles: Meira gañou con solvencia e Náutico de Vigo quitoulle o segundo posto a Chapela no derradeiro intre. Os de Redondela tiveron que conformarse co terceiro posto. Por detrás entrou Vilaxoán, cuarta na súa queda e sexta na xeral. Gran papel dos de Gelo Tarrío.

Por outra banda, o sábado disputouse en Porto Meloxo, no Grove,  a Bandeira Deputación de Pontevedra onde se impuxo Tirán. Os de Moaña leváronse o triunfo por diante dos seus veciños de Meira, que tras dominar boa parte da regata, cometeron un erro nunha virada que relegoulles ó segundo posto.

Redacción Salnés