Os participantes na Volta ofrecen unha rolda de prensa

volta250_180610.jpgSANXENXO> Descansados xa despois da paliza que se deron o mércores, todos amosáronse moi contentos polo recibimento e o trato que se lles está a dar en Sanxenxo.

{flowplayer}images/salnes/voltaEspana_180610.flv{/flowplayer} 

Este era o aspecto que presentaba o Real Club Náutico de Sanxenxo esta mañá, completamente volcado coa Volta a España de Vela e cos seus participantes que onte atracaron no Porto Juan Carlos I despois dunha durísima etapa que lles trouxo dende Xixón.

Tódolos participantes tómanse esta proba como un test moi importante de cara á Barcelona World Race, a Volta ó Mundo sen escalas que dará comezo o 31 de decembro. 

Unha das parellas favoritas para facerse co título é a formada polos bicampións mundiais en 49er Iker Martínez e Xabi Fernández. Veñen polo tanto dunha clase moi diferente á vela oceánica, pero os resultados non deixan de ser bos. Iker e Xabi, a bordo do Movistar, son cuartos arestora na xeral que encabeza o barco francés do Safrán.

Máis atrás na séptima praza atópase o Central Lechera Asturiana, de Juan Merediz, que pese a estar lonxe dos de arriba amósase moi satisfeito polo traballo que está a realizar o seu equipo. 

Unha das notas destacadas da rolda de prensa foron as verbas que a patrona do Gaes Solidaria Dee Caffari ofreceu sobre Sanxenxo. Síntese mellor que na casa.

A flota da Volta a España partirá o domingo cara Calpe na cuarta etapa, a máis longa da competición. Antes, mañá sábado, todo aquel que o queira poderá visitar os barcos amrrados no porto, nunha xornada de portas abertas.

Redacción Salnés