Os organizadores do I Día de Colón celebran o éxito da festa

    POIO> A organización da Festa de Colón celebrada en Poio esta fin de semana cualifican de éxito rotundo esta primeira edición.

    {flowplayer}images/salnes/valoracion_dia_colon.flv{/flowplayer}

    POIO> A organización da Festa de Colón celebrada en Poio esta fin de semana cualifican de éxito rotundo esta primeira edición.

    As cinco asociacións que impulsaron esta iniciativa agradecen a colaboración desinteresada que tiveron e os apoio das administración, pero sobre todo, a masiva participación dos propios veciños do concello. A iniciativa mesmo serviu para dinamizar o comercio local.

    Organización e Concello quixeron ademais aclarar que, pese a celebrar o Día de Colón en Combarro, seguen reivindicando que o descubridor de América naceu en Portosanto, na parroquia de San Salvador. Unha vez estean rematadas as obras da casa museo de Colón, na vindeira edición xa se celebrarán actos en Portosanto, inda que a festa da historia se manterá en Combarro.

    O Concello considera que con este Día de Colón se completa o programa de actos festivos do verán.

    Redacción Salnés