Uns 2.000 nenos pasarán o verán no campamento da Lanzada

    O GROVE> O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, deulle hoxe a benvida a uns 200 nenos, que estrean a tempada de campamentos

    {flowplayer}images/salnes/campamentos_lanzada.flv{/flowplayer}

    O GROVE> O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, deulle hoxe a benvida a uns 200 nenos, que estrean a tempada de campamentos no centro de vacacións da Lanzada.

    Durante os meses de xullo e agosto pasarán por este recinto un total de dous mil cativos de toda a provincia. En total haberá dez campamentos de sete días de duración cada un, para os que a Deputación achegou uns 100.000 euros. Os rapaces gozarán de numerosas actividades a escasos metros dunha das mellores praias de Galicia.

    Estas instalacións de A Lanzada pasaron de acoller 400 nenos en 2004 ós 2.000 deste verán. Nesta edición, ademais quedaron en lista de espera máis de 1.500 rapaces. 

    Redacción Salnés