O Campionato Galego de Triatlón chega a Vilagarcía

triatlon250_250610.jpgVILAGARCÍA> A edil de deportes de Vilagarcía, Victoria Hierro, presentou esta mañá o VII Triatlón Concello de Vilagarcía, que este ano conta co patrocinio do Porto. Ó redor de 300 participantes daranse cita nesta proba que é valedeira para o Campionato Galego

{flowplayer}images/salnes/triatlon_250610.flv{/flowplayer} 

Por séptimo ano consecutivo Vilagarcía celebra unha proba de triatlón. Será este domingo a partires das 10:00 cando preto de 300 participantes tomarán a saída na rampa do Cavadelo.

Tras 750 metros a nado, os triateltas collerán as bicis no Parque do Centenario para dar catro voltas a un circuito de cinco quilómetros situado na zona de Vilaxoán. Rematarán coa carreira a pé, que será de 5.000 metros. Competirán polo tanto na denominada distancia sprint, moi vistosa para o público.

A proba contará con triatletas de renome. Nas mulleres, Estefanía Domínguez e Saleta Castro semellan as grandes favoritas. Entre os homes o abano de posible gañadores é moito máis amplo. Sen dúbida os participantes empregarnase a fondo porque esta proba é valedeira para o Campionato Galego.

A organización da carreira correu a cargo de Concello, Porto de Vilagarcía, hoxe representado polo seu presidente, Javier Puertas, e a Federación Galega de Triatlón.

Redacción Salnés