Falece un veciño de Boiro afogado na praia de Barraña

    afogadoboiro.jpgBOIRO> A praia de Barraña foi escenario onte dun tráxico suceso, o falecemento dun home de 36 anos: Roberto Hermo Romero, veciño de Boiro, que ó parecer afogou cando se atopaba facendo mergullo na zona do Saltiño.

    {flowplayer}barbanza/afogamentoboiro.flv{/flowplayer}

    Eran ó redor das cinco da tarde cando un bañista observou á vitima pedindo auxilio, polo que alertou ós servizos de urxencia. Nese momento iniciouse o dispositivo de busca, cun amplo despliegue, tanto por terra como por mar e aire, no que participaron dous helicópeteros, varias embarcacións de gardacostas, Garda Civil e Protección Civil de Boiro, ós que se sumaron tamén varias patrullas da Policía Local.

    Nada se sabe das posibles causas do afogamento, á espera de que lle fora practicada a autopsia.

    O tráxico episodio vivido onte neste areal boirés parece ser un caso puntual, xa que nos últimos anos non se produciron casos semellantes, xa que na maioría dos casos trátase de praias de augas tranquilas.

    Susto no Vilar

    Tamén na praia do Vilar saltaban as alarmas este domingo cando un bañista que foi arrastrado pola corrente tiña dificultades para voltar ata a praia. A rápida intervención dos servizos de emerxencia, que foron alertados por varias persoas que se atopaban no areal, fixo que todo quedara nun susto.

    O home, que pasou máis de corenta minutos na auga, presentaba síntomas de esgotamento, dos que foi atendido na propia lancha de salvamento da Cruz Vermella que o rescatou, polo que xa non foi preciso trasladalo ata un centro de saúde.

    Redacción Barbanza