Pontearnelas vístese de época para a III Feira Medieval

    VILANOVA> Pontearnelas volverá a vestirse de época esta vindeira fin de semana coa terceira edición da Feira Medieval.

    {flowplayer}images/salnes/ptac_feira_medieval.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Pontearnelas volverá a vestirse de época esta vindeira fin de semana coa terceira edición da Feira Medieval.

    Mañá poñerase a disposición dos interesados un posto de aluguer ou compra de traxes medievais para participar na Feira. Estará na zona de Ribadumia, xusto antes de chegar á Ponte dos Padriños.

    A programación foi presentada este sábado polos alcaldes dos tres concellos organizadores, Ribadumia, Cambados e Vilanova, que contan coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta. O programa inclúe obradoiros de mercaderes, artesáns, recreacións medieval, espectáculos de cetrería ou tiro con arco, amais de actuacións musicais.

    Destacan especialmente as actuacións teatrais a cargo da Escola Valle Innova, da Fundación Valle Inclán, de Vilanova. Tanto o sábado como o domingo ás dez da noite porán en escena O rito dos Padriños, na ponte de Pontearnelas. Pero tamén farán unha obra sobre os sentidos na que interactuarán co público. Será na capela de Santa Marta, o sábado ás 7 da tarde, e o domingo ás seis e media.

    A novidade este ano é que a cea medieval do sábado pola noite será libre. Os interesados poden reservar xa mesa nos concellos de Vilanova, Cambados e Ribadumia, e terán que levar o seu propio xantar. Os alcaldes esperan ter bo tempo e animan a veciños e turistas a gozar desta retrospección á idade media.

    Esta feira celébrase desde 2008 co obxectivo de recuperar o esplendor que tiña Pontearnelas no Medievo como paso obrigado de mercancías entre o interior da provincia e a costa, amais de promover este entorno.

    Redacción Salnés