Grandes expectativas nunha rebaixas marcadas pola crise e a suba do IVE

    rbaixas.jpgBARBANZA> Os establecementos da comarca inician a campaña de rebaixas con descontos de ata o setenta por cento.

    {flowplayer}barbanza/rebaixasveran.flv{/flowplayer}

    Nalgúns establecementos podianse atopar xa descontos moi interesantes nesta primeira xornada de rebaixas. Descontos que moitos aproveitarán para facer as compras de verán xa que, din, nesta época de crise toca apretarse o peto e merece a pena agardar ás rebaixas. 

    Os comerciantes, tras unha tempada de inverno marcada pola baixada das vendas, teñen moitas esperanzas postas na campaña de rebaixas.

    Novas ofertas

    Nalgúns casos, os descontos xa se iniciaron con anterioridade como en Luz do Vilar que puxo en marcha unha novidosa iniciativa. Por cada partido que gañe a selección española, os seus clientes desfrutarán dun maior desconto nos distintos artigos de moda e complementos que oferta.

    A este desconto, e ós que supoñen as rebaixas, súmanse os cinco artigos outlet que cada semana estarán á venda neste establecemento. Polo que os que queiran conseguir o último en moda a prezos do máis asequible non deberían deixar de pasar por Boiro.

    Redacción Barbanza