VILAGARCÍA> O alcalde vilanovés colocou esta mañá, unha das vinte, sinais indicadoras da localidade. Durán denunciou así, o grande error da administración ó deixar varias zonas fóra dos carteis.
{flowplayer}images/salnes/SINAIS_VILANOVA.flv{/flowplayer}
A empresa de rótulos contratada polo Concello de Vilanova, colocou ata 20 carteis sinalizadores ó longo do ramal do porto de Vilagarcía, que se inaugurou pasado venres, e que vai unir coa autovía Curro-Baión. Gonzalo Durán denuncia que leva días tratando de que se poñan as sinais na estrada, pero que o único que lle contestaron é que se vai encargar un estudo.
Deste xeito estanse a poñer carteis provisionais á espera do que decida facer á administración.
O alcalde vilanovés, asegura que esta falta de indicadores supón un prexuízo para o comercio e o turismo da localidade. Afirma que os comerciantes lle trasladaron fai uns días a súa preocupación e que non poden pasar o verán sen que os turistas saiban chegar a Vilanova.
O presidente de Vilanova Centro, denunciou que non se pode facer unha estrada pagada polos impostos de todos os veciños do Salnés e que se exclúan localidades das sinais.
Ramón Cardalda agradeceu a Gonzalo Durán a celeridade da súa reacción da poñer remedio a unha situación que ía converter en insostible.
Redacción Salnés