Cambados toma como referente a praza de abastos da Pobra

    praza.jpgPOBRA> A praza de abastos da Pobra constitúe un exemplo a seguir polo seu deseño e funcionalidade.

    {flowplayer}barbanza/prazacambados.flv{/flowplayer}

    Tralas visitas realizadas por comerciantes de Vilanova esta vez tocoulle a quenda a unha delegación de praceiros de Cambados, encabezados polo seu alcalde, Luís Aragunde.

    A delegación foi recibida no salón de plenos do concello polo alcalde, Isaac Maceiras, e o edil delegado de mercados, Andrés Millán. Os praceiros tiveron ocasión de escoitar as múltiples vantaxes introducidas dende a construción da nova praza de abastos, inspirada nun sistema francés, que combina operatividade e funcionalidade cun deseño vangardista. Un sistema que contribuiu non só á dinamización da praza senón tamén á do comercio local do seu contorno.

    Proxecto guía

    O concello de Cambados traballa na elaboración dun proxecto para a construción dun novo mercado, en colaboración con Portos de Galicia. A través da súa visita á vila pobrense, o alcalde tomou nota das caracterísitcas da praza que servirá como referente para o seu proxecto.

    Tamén os praceiros observaron o xeito de traballar e as vantaxes do edificio co fin de aportar as súas apreciacións e suxerencias ó proxecto do futuro mercado que se realizará de xeito consensuado cos comerciantes.

    Está previsto que no prazo máximo dun mes, o presidente de Portos de Galicia se desprace ata Cambados para presentar o proxecto que, de seguro, presentará caracterísitcas moi similares ás da emblemática praza de abastos da Pobra.

    Redacción Barbanza