O BNG esixe o mantemento da titularidade autonómica do porto de Noia

    pnlbng.jpgNOIA> O BNG volverá levar ó Parlamento o debate sobre a titularidade do porto de Noia, despois de que o goberno central iniciara o expediente para revertila.

    {flowplayer}barbanza/bngria.flv{/flowplayer}

    Dende 1982, a zona portuaria que comprende o peirao e a escollera así como o espazo comprendido entre Punta Abruñeiras e a desembocadura da rúa Ferrador son competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

    A intención do Ministerio de Medio Ambiente agora é reverter a titularidade para poder así acometer o proxecto de rexeneración da ría proposto pola Demarcación de Costas. Por este motivo, o grupo parlamentario do BNG presentou unha proposición non de lei instando á Xunta a dirixirse ó executivo central solicitándolle que arquive o expediente da solicitude dos terreos portuarios.

    Recuperar as zonas improdutivas

    Esixen ademais a retirada do proxecto de demolición da canle da escollera e que se elabore un proxecto integral que contemple a rexeneración dos bancos improdutivos, tal e como recollía o BNG noiés no seu programa electoral.

    Pola contra, cren que o proxecto do goberno central só contribuirá a agravar os problemas de sedimentación e acumulación de lodos que xa padece a ría. Por este motivo, piden á Xunta que faga valer as súas competencias e que acometa a rexeneración da ría así como tódalas actuacións encamiñadas a mellorar o saneamento.

    Consideran dende as filas nacionalistas que a execución dun proxecto serio e integral permitirá recuperar a ría cos consecuentes beneficios produtivos e turísiticos así como a recuperación do porto histórico de Noia.

    Redacción Barbanza