Concello e Deputación mellorarán distintos espazos do municipio

    louzan_illa_060710.jpgA ILLA> O convenio contempla a recuperación de dúas casas modernistas, acondicionar a rúa Faltriqueira ou o XXV Aniversario da Festa da Ponte.

    {flowplayer}images/salnes/louzan na illa.flv{/flowplayer}

    Con este protocolo, a Deputación inicia novas accións conxuntas co goberno local cunha inversión que supera os 200.000 euros. Unha das iniciativas é a concesión de capital para que o concello poida adquirir e restaurar dous inmobles modernistas. As casas atópanse na rúa Marqués de Bradomín, xunto ó complexo da Casa do Concello, o Auditorio e o Museo da Conserva. A súa adquisición pasará a aumentar o terreo de titularidade pública.

    Dentro deste convenio tamén se contemplou a celebración do XXV Aniversario da Festa da Ponte. Trala sinatura, a Deputación comprometeuse á entrega dun total de 5.000 euros para costear os festexos. O organismo provincial encargarase da contratación da actuación do grupo A Roda.

    Louzán aproveitou para adiantar a apertura das ofertas para unha nova obra na Illa. Os traballos centraríanse na dotación de beirarrúas da rúa Franqueira. Esta actuación súmase a outras colaboracións entre Deputación e Concello. A estrada das Aceñas, o campo Salvador Otero e o campo da Bouza, son os últimos resultados dos acordos entre ambas administracións.

    Redacción Salnés