Durán:’Fomento vai colocar as sinais mal. É un caso de inaptitude’

    contestacion_duran_copy100.jpgVILANOVA> Unha vergoña. Así definiu Gonzalo Durán o escrito do Ministerio de Fomento que recibiu onte, no que sinalan que se van colocar carteis de Vilanova, pero nas rotondas de Renza e Cornazo.

    {flowplayer}images/salnes/CONTESTACION_DURAN.flv{/flowplayer}

    Gonzalo Durán está moi molesto coa contestación emitida polo Ministerio de Fomento, en relación ó documento enviado polo concello vilanovés, pola falta de carteis sinalizadores na circunvalación sur de Vilagarcía de Arousa. Segundo se recolle no escrito, o ministerio de José Blanco, recoñece o erro, e afirman que as sinais se van colocar en Fontecarmoa e Cornazo.

    O alcalde de Vilanova, asegura que a través deste escrito vese unha inaptitude da administración. Sinala que para o municipio non vale de nada que se coloquen os carteis neses lugares, cando o punto máis importante é a rotonda de Godos- Baión.

    No documento do Ministerio tampouco se recolle cando se van a colocar as sinais.

    En canto ó estudio dunha posible sanción pola implantación dos carteis de Vilanova o pasado venres, Gonzalo Durán, asegura que ve moi difícil o castigo e que en caso contrario, irá ós tribunais por danos e prexuízos no sector turístico.

    O rexedor vilanovés, sinalou que se vai remitir un novo escrito ó Ministerio de Fomento para indicarlles o error na colocación.

    Redacción Salnés