O Salnés celebra por todo o alto a victoria de España

SANXENXO> O gol de Iniesta na segunda parte da prórroga deu un merecido e histórico triunfo ó combinado nacional que se celebrou en todo o país, incluído o Salnés. Así foi como se vivíu o encontro no paseo de Silgar, en Sanxenxo.

{flowplayer}images/salnes/EspanaSanxenxo_120710.flv{/flowplayer} 

Desta imaxe, a esta outra, distan dúas horas e media. Pero non adiantemos acontecementos aínda que todos saibamos o desenlace, que o bonito do camiño é o traxecto.

De inicio, a primeira oportunidade perdida. Mans á cabeza eles, e gritos de elas. Os holandeses avisaban de que son campións do mundo… de artes marciais. E a xente desesparaba co árbitro.

E mentres o gol non chegaba, pero sí chegaba o descanso. Cada un entretíase como podía. Non faltaba a trompeta, os bailes rexionais, os das caras desencaixadas e os que pedían a saída ó campo do heroe de Viena. E logo máis nervos…e máis oportunidades erradas….e o susto, pero tiñamos porteiro.

Facíase de noite e o gol non chegaba. Prórroga e a tocar madeira, dúas veces por si acaso. A primeira servíu para que por fin o arbitro se decidirá a sacar un vermello. Despois, o gol de Iniesta trouxo consigo a tolemia colectiva, que deu paso á festa rachada ata altas horas da madrugada.

Para a próxima haberá que agardar canda menos, catro anos máis, pero de momento, que nos quiten o bailado.

Redacción Salnés