Os empresarios de Noia apostan por un sistema para regular o aparcamento

    cochesnoia.jpgNOIA> A Asociación de Actividades Empresariais presentará unha proposta no concello solicitando a reordenación do tráfico no casco urbano da vila.

    {flowplayer}barbanza/reordenaciontraficonoia.flv{/flowplayer}

    Os cambios no tráfico introducidos a raíz das obras acometidas hai meses nas rúas Escultor Ferreiro e Porta da Vila supuxeron un novo xeito de circular polo casco urbano de Noia. A pesar da reordenación, a circulación segue a ser bastante lenta especialmente durante o verán e a escaseza de prazas de aparcamento está a traducirse nun importante incremento das multas posto que moitos conductores acaban por estacionar en zonas non permitidas.

    Na rúa hai diversidade de opinións e mentres algúns amósanse encantados co cambio, boa parte dos condutores consideran que deberían introducirse melloras.

    A asociación de actividades empresariais de Noia fíxose eco deste problema e presentará unha proposta no concello solicitando a implantación dun sistema para regular o aparcamento.

    Son conscientes de que os problemas de atascos non desaparecerán coa ordenación das prazas de estacionamento pero consideran que contribuirá a alixeirar o tráfico e a reducir o número de multas que, segundo denuncian os veciños, incrementouse notablemente durante os últimos meses.

    Redacción Barbanza