A Xunta Xestora presentarase ante os socios na Asemblea

plantilla_deportes_arosa100.jpgVILAGARCÍA> A Xunta Xestora presentarase na Asemblea extraordinaria deste venres, ás oito e media. Manuel Abalo e os seus compañeiros da directiva do club exporán todas as xestións que se levaron a cabo.

{flowplayer}images/salnes/XUNTA_XESTORA_AROSA.flv{/flowplayer}

A cita do venres as oito e media no Auditorio de Vilagarcía, vai a poñer en cima do escenario á nova xunta xestora do Arousa diante dos socios do club. Nesta reunión, os novos responsables, van dar cumprida conta de todos os frontes abertos.

Se exporán así, as negociacións que se están mantendo co avogado dos xogadores da plantilla 2008-2009, que denunciaron ó club, e que están pendentes de cobrar o que a xustiza di o que lles corresponde. Unhas negociacións que, por outro lado, parecen estancadas.

Mellores noticias terán os socios: o préstamo co Banco Popular, que ten a José Manuel Gómez e outro socio como avalistas. Aquí o acordo, é xa un feito, a falta dunha rúbrica que o confirme.

Polo demais, informarase tamén os abonados sobre o balance do club a 30 de xuño, data do peche do exercicio. Unha situación contable que non vai variar moita coa que a anterior xunta directiva, presentou ós socios na asemblea ordinaria.

Ademais, Abalo e o seu equipo, informará sobre as cuestións para a contratación de xogadores para a próxima tempada. Algo que, segundo Adolfo Fernández, vai moi lento.

Todo o contrario sucede co último punto do orden do día, o informe sobre a captación de socios. As altas están chegando a gran velocidade e iso eleva o optimismo da xestora.

Redacción Salnés