Manu Conles, procedente do Céltiga, ficha polo Ribadumia

plantilla_deportes_ribadumia_250.jpgRIBADUMIA>  O Ribadumia presentou hoxe unha nova fichaxe de cara a temporada que ven. O extremo Manu Conles chega dende o Céltiga para reforzar ó conxunto de Carducho. A directiva do club aurinegro fixo tamén pública a lista de renovados.

{flowplayer}images/salnes/Fichaxe_Ribadumia.flv{/flowplayer}

O Ribadumia xa ten atado o seu primeiro reforzo de cara a temporada que ven. O extremo dereito Manu Conles, de 20 anos, chega dende o Céltiga despois de dispor de poucos minutos na Illa. O de Godos deuse a coñecer da man de Pablo Vázquez hai díuas temporadas, no Arousa, despois do seu paso polas categorías inferiores do Celta de Vigo. A súa velocidade e verticalidade poderán aportarlle moito ó ataque do conxunto dirixdo por Carducho.

Pese a esta fichaxe de renome dende o club son cautos e consideran que a permanencia debe ser o seu obxectivo.

Por outra banda, agardan anunciar novas incorporacións nos vindeiros días.

Ademais, anunciouse unha ducia de renovados do plantel do ano pasado. Juanjo, Arias, Iván Renda, Sayar, Berto, Lucas, Borja, Alex, Samu, Ramón Manu Sieiro e Julio. O plantel voltará ó traballo o día 23 do presente mes.

O primeiro test de pretemporada quedará para o día 1 de agosto, cando se enfronten ante o Portonovo. Tamén disputarán amisotosos contra o Sanxenxo, o Umia, o Vilalonga e o Dena.

Redacción Salnés