Traballo pretende crear unha Axencia Galega de Servizos Sociais

    conselleira_copia100.jpgVILAGARCÍA> Así o anunciou a titular desta carteira, Beatriz Mato, durante a visita á Escola Infantil de Carril. Trátase dun ente destinado a reforzar a colaboración en materia de atención social entre Xunta e gobernos municipais.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_CONSELLEIRA_ESCOLA_INFANTIL.flv{/flowplayer}

    Na súa primeira visita institucional a Vilagarcía, a conselleira de Traballo achegouse á escola infantil de Carril para inaugurar, simbólicamente, as 82 prazas que oferta o centro, posto que xa leva uns meses funcionando. Beatriz Mato puxo este servizo como exemplo da colaboración institucional entre Xunta e concellos, unha folla de ruta, dixo, que pretenden reforzar coa creación da Axencia Galega de Servizos Sociais. A través desta entidade pretenden recoller as necesidades que rexistran os municipios en materia de atención social, para poder darlles resposta.

    Polo de agora, a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, aproveitou para demandar á conselleira a inclusión da Residencia Divina Pastora na Rede de Centros da Xunta. Unha petición que Mato asegurou que vai estudar, ó igual que o impulso ó futuro Centro de Día.

    Outro dos servizos que a titular de Traballo se comprometeu a mellorar é a situación do Centro Lar de Saúde Mental.

    Logo da visita á Escola Infantil de Carril, Beatriz Mato achegouse á Residencia Divina Pastora para comprobar o estado das instalacións.

    Redacción Salnés