A Federación Española de Piragüismo xa ten transporte

plantilla_deportesfurgoneta.jpgPONTEVEDRA> O presidente da Deputación fixo entrega, esta mañá, dunha furgoneta ó presidente da Real Federación Española de Piragüismo. Esta cesión, inclúese no marco do convenio que manteñen a entidade provincial, Caixanova e Citroën.

Juan José Roman, presidente da Federación, sinalou a gran necesidade dun vehículo para transportar ós deportistas e as embarcacións, non só para os adestramentos, senón tamén, para desprazarse a algunha celebración.

Pola súa parte Rafael Louzán eloxiou a labor da Federación Española de Piragüismo, xunto coa Federación Galega, para colocar este deporte e ós deportistas galegos á altura da competición internacional.

O vehículo cedido é unha furgoneta Citroen Jumper Zombi, valorada en case 32.000 euros. A Deputación e Caixanova asumiron, cada un, o 23,1% da cuantía. Pola súa banda, Citroen, realizou un desconto no prezo de máis do 30%, polo que a Real Federación Español de Piragüismo asumiu o 23% restante.

Esta acción, enmárcase nun plan impulsado pola entidade provincial, en colaboración con Caixanova e Citroen, co obxectivo de conceder vehículos a máis de noventa entidades asistenciais e deportivas sen ánimo de lucro.

Redacción Salnés.