Torneo Internacional Waterpolo-Praia Sanxenxo, 24 e 25 xullo

plantilla_deporteswaterpolo_copia.jpgPONTEVEDRA>  A fin de semana do Apóstol, será tamén a do waterpolo en Sanxenxo. O Club Natación Pontevedra, organiza, o Torneo Internacional de Waterpolo en Silgar. Está prevista a presenza de máis de cincocentos deportistas.

{flowplayer}images/salnes/TORNEO_INTERNACIONAL_WATERPOLO.flv{/flowplayer}

O Torneo Internacional de Waterpolo-Praia de Sanxenxo, é unha das principais citas estivais, con proxección tanto nacional como internacional. Esta ano, a organización conseguiu reunir a 44 equipos procedentes de diferentes rexións de España, Portugal e, incluso, de Alemaña. Conxuntos de Italia, París, Londres e Grecia, puxéronse en contacto coa organización participar en próximas edicións.

Será un evento lúdico á vez que deportivo, no que o obxectivo principal é promocionar este deporte entre os miles de turistas que se acheguen a Silgar os días 24 e 25 de xullo.

Trátase dun dos torneos máis grandes de España, reunindo a tantos equipos e que, ademais, inclúe un torneo feminino e masculino simultaneamente. Outra das exclusividades, é a instalación de 3 campos de xogo na praia.

O Terceiro torneo internacional de Waterpolo-Praia de Sanxenxo, está aberto tanto a xogadores federados como para calquera persoa que queira practicar este deporte.

En total, serán 14 horas de xogo repartidas en dúas xornadas, comezando ás 12 tanto o sábado como o domingo, comezando 3 partidos simultáneos cada media hora.

Redacción Salnés