O Mexillón de Galicia segundo na xeral do Campionato do Mundo

plantilla_deportes_copiaplatu.jpgVILAGARCÍA> O barco dos irmáns Carlos e Antón Paz, completou unha espectacular reacción na segunda xornada do Mundial de Platú 25 en Alicante. O Xacobeo 2010, tamén se beneficiou da intensidade do vento e ascendeu á novena praza.

{flowplayer}images/salnes/PLATU_25.flv{/flowplayer}

O barco liceísta, cunhas condicións de vento superiores ó primeiro día, entre os 10 e 12 nudos, remontou un total de dezasete postos, para colocarse segundo dunha clasificación formada por 66 competidores. O Mexillón firmou dous segundos postos e un cuarto, nas tres mangas disputadas onte, polo que xa está a tan só dous puntos do líder, o grego Modus Vivendi.

Carlos Paz afirmou que o importante é o día a día, e que é imprescindible non pinchar para chegar con esa posición á última xornada paran ter opcións de vitoria. Antón Paz, sinalo que a clave da reacción estivo na saída xa que, navegando nunha flota de 66 barcos, coller a dianteira é fundamental para navegar con total tranquilidade. O Modus Vivendi Alfa 3, lidera a xeral seguido polo Mexillón de Galicia e a Revoltosa.

Pola súa parte, a outra embarcación do Liceo Casino, o Xacobeo 2010 de Ero Pons, tamén escalou varios postos na xornada de onte, polo que xa é noveno. Na primeira das tres mangas, logrou a súa mellor actuación ata o momento, ó firmar un sensacional cuarto lugar.

Varias dificultades na saída, provocaron que os liceístas só puidesen ser decimo terceiros na segunda manga. Na terceira, finalizaron sétimos demostraron que están á altura dos favoritos deste Mundial. Ero Pons mostrouse satisfeito e desexoso de que non diminúa a intensidade do vento.

Redacción Salnés