‘O Salnés’: A historia dunha comarca a través das lembranzas

    libro_salnes copy.jpg CAMBADOS> Os xornalistas Pilar e José María Cernuda presentan un libro de reportaxes nas que recollen vivencias de nenos e recordos das xentes do lugar.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_LIBRO_SALNES.flv{/flowplayer}
     
    Pasaron a súa infancia nun casa situada na parroquia Caldense de Saiar. Alí nacen as súas primeiras lembranzas sobre O Salnés e as súa xentes. Anos despois, Pilar e José María Cernuda recollen os vivires desas xentes de antano e das actuais nun libro de reportaxes co mesmo nome da comarca na que pasaron a nenez: o Salnés

     O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, un dos promotores do libro, estivo arroupando ós escritores durante a presentación da obra no Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns, en Cambados, concello que constitúe o punto neurálxico da obra. Outro dos convidados á cita foi o lider do executivo galego. Alberto Núñez Feijoo aproveitou o exemplo do libro para sinal a riqueza popular e cultural de Galicia.

    Pilar e José María tiveron un recoñecemento especial para esas persoas anónimas que lles achegaron recordos e numerosa documentación, e que consideran case coautores do Salnés.

    O escenario escollido para a presentación desta obra non é casual, pois nel celébrase o Capítulo Serenísimo do Albariño, un acto no que hai un ano, Pilar Cernuda era nomeada dona do Albariño.

    Redacción Salnés