Preséntase en Vigo a LVIII Festa do Viño Albariño

brinde_albarino_100.jpgVIGO> Comeza a conta atrás para quincuaxésimo oitava edición da festa do Viño Albariño. O próximo mércores día 28 á mediodía comeza en Cambados…

{flowplayer}images/salnes/22072010_festas_albarino.flv{/flowplayer}

 … a exaltación deste caldo tipicamente galego, na que, máis aló das catas e degustacións na que o viño albariño é o protagonista, se mesturan actos lúdicos, culturais e deportivos cos concertos. No eido puramente enogastronómico, cabe salientar a instalación de 42 stands de degustación no paseo da Calzada. De xeito paralelo, 60 adegas participarán na cata concurso organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, que cada ano sobrancea os mellores albariños producidos a partir da última colleita. Logo da presentación deste evento en grandes cidades como Madrid e Barcelona, este xoves realizouse a presentación en Vigo. Aquí, o alcalde anfitrión, Luis Aragunde, xunto co presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán lanzaron cadanseu convite formal ó xeral da poboación, para que ninguén falte a esta festa declarada de Interese Nacional desde o ano 1998.

Ata o vindeiro un de agosto, agárdase que visiten este concello arredor de 200.000 persoas, co que de novo o Albariño volverá a ser o epicentro do turismo galego nestas datas, e máis especialmente aínda neste ano Xacobeo. Os resultados das últimas edicións están a ser tan satisfactorios que desde a Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia xa se barralla solicitar a declaración desta celebración como de interese turístico internacional.

Redacción Salnés