Continúa a busca do home desaparecido en Lousame

desaparecidoenlousame.jpgLOUSAME> Dúas semanas leva Carlos Gómez Mayán, un veciño de lugar do Castro sen dar sinais de vida. Veciños e familiares retomaron a súa busca nas inmediacións da súa vivenda.

A pequena aldea lousamiana do Castro vive preocupada por mor da desaparición dun veciño do lugar. Carlos Gómez Mayán, de sesenta anos, leva máis de quince días sen facer noite no seu domicilio. Membros de Protección Civil de Noia e de Lousame, axentes da garda civil de Noia, veciños e familiares activaron un operativo de busca esta fin de semana para intentar dar co seu paradoiro

{flowplayer}barbanza/desaparecidoenlousame.flv{/flowplayer}

O home, moi coñecido na comarca, foi visto por última vez o once de xullo, día que se celebrou a final do Mundial de fútbol. O dispositivo de busca centrouse nos camiños por donde o desaparecido adoitaba transitar nos seus desprazamentos habituais.

Con todo, os veciños temen o peor, xa que o home, malia vivir solo e pasar toda a xornada fóra da aldea, nunca faltara da casa tantos días seguidos. O desconcertante da situación é que varias testemuñas aseguran telo visto na feira medieval de Noia, que se celebrou unha semana despois da súa desaparición e tamén o día do Carme. A garda civil de Noia continúa coa investigación para tentar dar co seu paradoiro.

Redacción Barbanza