Os equipos do Salnés comezan o traballo de pretempada

plantilla_deportes_copiaarosa.jpgO SALNÉS> Arosa e Vilalonga comezaron os adestramentos preparatorio. Pese a isto, as plantillas aínda non están pechadas. O Arosa prepara máis incorporacións da canteira e o Vilalonga, se atopa en negociacións.

O Vilalonga comezou onte a pretempada para preparar a súa participación, un ano máis, en Terceira División. O técnico compostelán, Gabi Leis, continúa ó fronte dun equipo, que volve contar co bloque do ano pasado. Leis dispón dun total de dezaoito xogadores, aínda que a directiva, se atopa en negociacións con outros futbolistas, que poderían reforzar o equipo nas tres liñas de campo.

Na portería, Adrián Malleiro e César continúan do ano pasado, ó igual que Roberto Pazos, que sigue recuperándose da súa lesión. En defensa, seguen Miguel Vázquez, Taqchi e Nano, aínda que este último podería deixar o clube se chega algunha oferta de Segunda B. Fran Matos, procedente do Céltiga e Nelo, do Arosa, reforzarán a zada. Por contra non continúan Costas ni Sarró, mentres que os ririxentes negocian a continuidade de Leo. Na medular, Gabi Leis poderá contar coa maioría de xogadores da pasada tempada, a exceptción de Manu Rodríguez e Villaverde. Ademais, os canteráns Raúl e Oubiña, acceden ó primeiro equipo. Saúl, Miguel Abal e Machu figuran na parcela ofensiva do plantel.

O obxectivo para este ano é a permanencia.

Pola súa parte, o Arosa, tamén comezou a súa preparación, cunha plantilla marcada pola canteira. En concordancia coa austeridade no gasto, a nova Xestora realizaou unha aposta decidida por un técnico e uns xogadores formados nas categorías inferiores do clube durante os últimos anos. Un proxecto co que pretenden, por unha parte garantizar a continuidade do clube e por outra, dar saída e oportunidades ós chavais da base.

Un total de oito xogadores procedentes do equipo xuvenil, sobe nó primeiro equipo. Algúns eles como o caso de Josiño e Miguelón, xa saben o que é debutar en Preferente. Ademais, outros cinco xogadores, que tamén pasaron polas categorías inferiores do Arosa, continúan da pasada tempada. Son Fito, Rubén Oliveira, Samu, Vixo e Roberto, ós que hai que sumarlles, no capítulo de renovacións, ó meta Solla e ó vilagarcián Adrián Camino. En canto ás fichaxes, chegan José Ríos, Óscar Jiménez, Gonzalo Furán e Borja.

Tanto Manuel Abalo como Antonio Durán, deixan moi claro que non se marcan ningún tipo de obxectivos clasificatorios, senón que todos os esforzos pasan por salvalo clube no apartado económico.

Redacción Salnés