Cambados inagura a 58 edición da súa festa grande, o Albariño

    albarino_copia100.jpgCAMBADOS> É unha das celebracións gastronómicas máis populares e considerada de interese turístico nacional. O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, encargouse de cortar a cinta que iniciaba  esta exaltación do viño.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_ALBARINO.flv{/flowplayer}

    O Albariño é unha das festas máis esperadas da comarca. Dende hoxe e ata o domingo, Cambados celebra a exaltación dos mellores viños coa denominación de orixe Rías Baixas, que se poden catar nas 43 casetas de diferentes marcas que ocupan o Paso da Calzada. Durante estes días, a vila recibirá milleiros de visitantes. Algúns chegan a Cambados por primeira vez, atraídos pola fama que precede á festa, pero a maioría xa son veteranos. Tamén os veciños aproveitan o viño e o ambiente festivo. E é que, a pesares dos problemas co tráfico, todos coinciden en que paga a pena.

    Onte xa comezaba o programa das festas. No pazo Torrado o conselleiro de cultura, Roberto Varela, inaugurou a exposición Xeografías contemporáneas. A mostra está composta por obras de artistas galegos, cedidas polo Centro Galego de Arte Contemporáneo. As praias, os concertos e o nomeamento dos cabaleiros e donas do capítulo serenísimo, completan a oferta festiva.

    Incluso antes de que se inaugurase oficialmente a festa, centos de persoas xa disfrutaban do Albariño. Ademais, este ano as celebracións comezan con altas temperaturas, unha ola de calor que provoca opinións encontradas.

    E é que o plan estrela do día é praia pola tarde e Albariño pola noite, dúas cousas que se poden atopar en Cambados.

    Redacción Salnés