O Extrugasa ficha á base andaluza Begoña García Piñeiro

plantilla_deportesextrugasa.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa continúa ampliando a súa plantilla para a tempada 2010-2011 na Liga Feminina. É a última incorporación do equipo adestrado por Tito Díaz, Ós seus 34 anos, esta gaditana procede do Rivas.

Pero tamén xogou en equipos tan importantes como o estadounidense Detroit Shock, o Mendibil de Hondaribia co que foi campioa de liga en 2003, o ruso Nadezha Oremburg, en dous equipos italianos como o Termomecánica de la Spezia e Reyer Venezia,o Mann Filter ou o Yaya María Breogan de Lugo.

O seu palmarés, non deixa lugar a dúbidas da potencialidade de Begoña García. Foi escollida mellor deportista de Galicia en 2002, mellor deportista andaluza, foi a primeira española en xogar en Italia; no 2000 foi escollida un das cinco xogadoras do quinteto ideal da Copa da Raíña e dous anos despois 2002, para o quinteto ideal da Liga Española, foi subcampiona cos dous equipos italianos onde militou, e subcampiona da Raíña en 1999 e 2002.

A fichaxe de Begoña García súmase á de Vynuchalova, que chegou ó Extrugasa para asumir a responsabilidade de pívot titular, Stevenson e Marta Blanes.

O adestrador Tito Díaz tamén conta coas renovacións de Montse Gilabert, Cristina Souza e Ylenia Manzanares.

Redacción Salnés