En Santa Marta, o polbo á feira fai as delicias dos veciños

    pulpo_copia.jpgPONTEARNELAS> Hoxe a localidade celebra o día grande das festas de Santa Marta,  na que se reparten centos de racións deste prato típico. A calor e o feito de que fose a primeira xornada, deixáronse notar na cantidade de xente.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_POLBO_PONTEARNELAS.flv{/flowplayer}

    Dende esta mañá, pulpeiras cargadas con milleiros de quilos de polbo ocuparon a rúa principal de Pontearnelas, preparadas para afrontar as demandas dos asistentes. Antes do mediodía, veciños e visitantes xa saboreaban racións ó prezo de sete euros, un prato tipicamente galego que se despachou ininterrompidamente ó longo do día. Sen embargo, a primeira xornada non concentrou a tanta xente como outros anos.

    Pero a festa continúa ata o sábado, e os asistentes esperan que nas próximas xornadas aumente o número de xente. Polo de pronto, a comida e o viño axudan a que o ánimo non decaia.

    Despois da visita das Cantareiras de Ardebullo de onte á medianoite, hoxe a cita será na verbena. As orquestras e o polbo, farán que a festa continúe en Pontearnelas ata ben entrada á noite.

    Redacción Salnés